Probas de acceso grao medio Convocatoria 2014

Introdución

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG, do luns 10 de marzo, a Orde pola que se convocan para o ano 2014 as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo.

Orde do 5 de marzo de 2014 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014


Calendario das probas de acceso para a convocatoria 2014

Na seguinte ligazón poderase consultar o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.

Calendario das probas de acceso


Composición dos tribunais

Resolución do 20 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, para o ano 2014.

Acceso ao documento no DOG


Listaxes da convocatoria 2014 

Na seguinte ligazón poderá consultar as listaxes provisionais e definitivas de admisión, exencións, cualificacións, sedes e lugares de realizacióndas probas de acceso para a convocatoria 2014.

As listaxes iránse actualizando segundo as datas establecidas na Orde pola que se convocan de modo ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2014.

Acceso ás listaxes de solicitudes de inscrición.

Acceso ás listaxes de exención.

Acceso ás listaxes de cualificación.

  • Listaxe provisoria
    Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 16 ao 18 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
    Modelo de reclamación
  • Listaxe definitiva
    A partir do día 30 de xuño poderanse solicitar os certificados da proba no centro onde foron realizados os exames.

Acceso aos lugares e sedes de realización das probas.

Acceso aos exames e respostas da convocatoria do 2014

Etiquetas: 
Tema: