Probas de acceso grao superior Convocatoria 2013

Introdución

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG do 21 de xaneiro de 2013 a resolución pola que se convocan para o ano 2013 as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo, de acordo co establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.


Calendario das probas de acceso para a convocatoria 2013

Na seguinte ligazón pódese consultar o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

- Calendario das probas de acceso


Composición dos tribunais

Resolución do 25 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, para o ano 2013.

- Acceso ao documento no DOG


Listaxes da convocatoria 2013

Na seguinte ligazón pódense consultar as listaxes provisionais e definitivas de admisión, exencións, cualificacións, sedes e lugares de realización das probas de acceso para a convocatoria 2013.

As listaxes iranse actualizando segundo as datas establecidas na Resolución do 10 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan de modo ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2013.

Acceso ás listaxes de solicitudes de inscrición.

Acceso ás listaxes de exención.

Acceso ás listaxes de cualificación.

  • Listaxe provisoria
    Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 13 ao 15 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
  • Listaxe definitiva
    A partir do día 29 de maio poderanse solicitar os certificados da proba no centro onde foron realizados os exames.

Acceso aos lugares e sedes de realización das probas.

Acceso aos exames e respostas da convocatoria do 2013.

Etiquetas: 
Tema: