Convocatoria 2019

Introdución

Orde do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019


Calendario das probas de acceso para a convocatoria 2019

Na seguinte ligazón poderase consultar o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

Composición dos tribunais

Resolución do 15 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, para o ano 2019.

Solicitude de inscrición telemática

Na seguinte ligazón pódese acceder á aplicación informática na que se dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición a ciclos formativos de grao superior. O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.

- Ligazón á aplicación informática

- Instrucións para a confección da solicitude

 Relación de documentos de interese

Nas seguintes ligazóns atópase a documentación de interese para os aspirantes:

- Modelo de solicitude de inscrición (Anexo II)

Importante: Recoméndase descargar o ficheiro pdf do Anexo II para evitar problemas cos visores pdf dos navegadores web. Así mesmo, recórdase que o Anexo X só é necesario no caso de solicitar exención da parte específica por experiencia laboral.

- Modelo de certificacións de actividades realizadas na empresa (Anexo X)
- Solicitude de corrección do documento de identificación (Pendente de publicación)

Listaxes da convocatoria 2019 

Na seguinte ligazón poderá consultar as listaxes provisionais e definitivas de admisión, exencións, cualificacións, sedes e lugares de realización das probas de acceso para a convocatoria 2018.

As listaxes iránse actualizando segundo as datas establecidas na Orde pola que se convocan de modo ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2019.

Acceso ás listaxes de solicitudes de inscrición e de exencións.

  • Listaxe provisoria
    Período de reclamación: do día 26 de febreiro ao 1 de marzo, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
  • Listaxe definitiva

 Acceso ás listaxes de cualificación.

  • Listaxe provisoria
    Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisional desde o día 30 de abril ao 3 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

- Modelo de reclamación ás cualificacións provisorias

  • Listaxe definitiva
    A partir do día 3 de xuño poderanse solicitar os certificados das probas de acceso en calquera centro público con oferta de formación profesional.

Acceso aos lugares e sedes de realización das probas.

Acceso aos exames e respostas da convocatoria do 2019

Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (Acceso á normativa de probas)

Etiquetas: 
Tema: