Acreditación de competencias. Listaxes admitidos/as. Xestión forestal

Publicación das listaxes de persoas admitidas e excluídas para participar na convocatoria específica do proceso de acreditación de competencias para determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas no CS de Xestión forestal e do medio natural, en desenvolvemento do Acordo de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería do Medio Rural. (Data de publicación das listaxes de admitidos 02/06/2017).

Poderá consultar a súa situación nas listaxes mediante a aplicación informática de xestión do procedemento, indo ao enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion no menú <<2.2 Edición de solicitudes e consulta do expediente>> accedendo ao seu expediente, logo de introducir os códigos que lle foron asignados na convocatoria.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes desde o día seguinte á publicación das listaxes definitivas. O devandito recurso poderá xerarse desde a aplicación informática de xestión do procedemento para a súa posterior presentación. A resolución será comunicada mediante a aplicación informática reflectindo o resultado no expediente da persoa candidata.

Para xerar o escrito do recurso deberá ir ao enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>>, e presentalo nun rexistro da Comunidade Autónoma.

Fase de asesoramento. Iniciarase cunha reunión de grupo. As convocatorias para esta reunión serán estipuladas polos asesores e as asesoras de cada sede e para cada ciclo, e comunicadas no prazo máximo de 10 días desde a publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas, mediante a aplicación informática. A convocatoria determinará as datas e os lugares de realización das reunións que deberán consultar no seu expediente na aplicación informática.

Convocatoria á reunión grupal.