Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes. Convocatoria CRTVG

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria realizada ao abeiro da Resolución do 21 de outubro de 2016 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral,  para determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, en desenvolvemento do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

As persoas que  figuran na listaxe de solicitantes que precisan emendar a documentación achegada coa súa solicitude poden coñecer os erros detectados na súa solicitude na ligazón www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Edición de solicitudes e consulta de expedientes>> –indicando o número da súa solicitude e o seu PIN.

Para todas as listaxes, independentemente da listaxe na que figure, debe verificar que os datos persoais ou as unidades de competencias solicitadas coinciden coas da listaxe. Se detecta algún erro debe presentar unha reclamación.

O prazo para presentar emenda de documentación ou reclamación será de dous días, do mércores día 30 ao xoves día 1 de decembro de 2016, antes das 15h e entregaránse no mesmo lugar e forma que as solicitudes.

Procedemento para presentar emenda de documentación ou reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente remitila á sede onde entregou a súa solicitude xunto á documentación necesaria.

A continuación atopará as listaxes de solicitantes que non precisan emendar a documentación e as listaxes de solicitantes que precisan emendar a documentación.

15006778 - CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
Solicitantes con documentación apta para ser baremada
Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

15015767 - CIFP Politécnico de Santiago
Solicitantes con documentación apta para ser baremada
Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

15024513 - CIFP Someso
Solicitantes con documentación apta para ser baremada
Solicitantes que precisan emendar a súa documentación