Acreditación de UCs do CS de Xestión forestal e do medio natural

Convocatoria específica do proceso de acreditación de competencias para determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas no CS de Xestión forestal e do medio natural, en desenvolvemento do Acordo de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería do Medio Rural.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería do Medio Rural teñen subscrito un Acordo de colaboración de data 16 de marzo de 2017, para facilitar o acceso dos axentes facultativos ambientais e dos axentes forestais auxiliares á nova escala de axentes técnicos en xestión ambiental.

A cláusula cuarta do devandito acordo determina os compromisos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, entre os que se atopa a realización dunha convocatoria específica do proceso de acreditación de competencias profesionais, ao longo do ano 2017; para as persoas recollidas no apartado un da cláusula segunda, que constan no anexo do devandito acordo.

Para proceder ao seu desenvolvemento, esta convocatoria publícase con data 27 de abril de 2017 mediante a Resolución do 26 de abril de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, para determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, en desenvolvemento do Acordo de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería do Medio Rural.

Coa publicación desta convocatoria no portal de formación profesional ábrese o prazo de presentación de solicitudes ata o día 11 de maio de 2017.