www.edu.xunta.es
VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA VOLTAR Ó PORTAL EDUCATIVO
Información dos ciclos formativos de formación profesional    

Acreditación de competencias

O obxecto da acreditación de competencias é o de recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.

A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as compentencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.

As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo.

A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.

- Guía do candidato 2008

Convocatoria 2008
- Orde do 25 de febreiro de 2008 pola que se convocan unidades de competencia e prazas para o recoñecemento, a avaliación, a acreditación e a certificación da competenica profesional e se determina o correspondente procedemento experimental.

Requisitos de acceso
Para acceder ao procedemento de recoñecemento, avaliación e acreditación da competencia profesional, os candidatos e as candidatas deberán cumprir os requisitos xerais seguintes:
- Ter cumpridos 21 anos ou cumprilos no ano natural en que se produza a convocatoria para acceder á acreditación das unidades de competencia dos títulos de grao superior, e 19 anos para acceder ás unidades de competencia dos ciclos de grao medio.
- Ademais dos requisitos de idade, as persoas solicitantes deberán acreditar unha experiencia laboral efectiva de polo menos tres anos completos nos últimos 15 anos de traballo, relacionada co sector produtivo do ciclo formativo a que pertenza a unidade de competencia solicitada da cal se pretenda o recoñecemento.
- Non estar matriculado ou matriculada nas ensinanzas de réxime ordinario conducentes ao mesmo título ou, cando se tratar de formación modular, no módulo correspondente a esa unidade de competencia.


Inscrición e matrícula
A solicitude de inscrición para o procedemento de recoñecemento, avaliación e acreditación da competencia profesional presentarase, xunto coa documentación requirida, na secretaría dos centros onde se vaia desenvolver o proceso para cada unidade de competencia convocada.

O período de inscrición abranguerá desde o día 24 de marzo ata o 3 de abril de 2008, ambos os dous incluídos.
     - Unidades de competencia convocadas
     - Centros educativos onde se desenvolve o proceso

Documentación requirida
As persoas solicitantes deberán achegar xunto coa solicitude de inscrición (anexo III), a seguinte documentación:
- Documentación acreditativa da experiencia laboral a que fai referencia o punto anterior.
- Fotocopia do DNI.
- Declaración xurada (anexo VI), en que se faga constar que non se ten matrícula formalizada en ningunha modalidade das ensinanzas conducentes ao mesmo título, ou, cando se tratar de formación modular, no móulo ou nos módulos asociados a esa unidade ou unidades de competencia.
- Traxectoria formativa e profesional (anexo VII)
- Modelo de certificación das actividades desenvolvidas na empresa (anexo IX)

Modelos de documentos en relación á acreditación de competencias
     - Solicitude de inscrición (anexo III)
     - Modelo de declaración xurada (anexo VI)
     - Modelo de traxectoria formativa profesional (anexo VII)
     - Modelo de certificación de actividades desenvolvidas na empresa (anexo IX)