Admisión: 1ª adxudicación extraordinaria. Convocatoria 2017

Publicación das listaxes da convocatoria extraordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

 

Réxime ordinario

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o luns 4 de setembro ata as 13:00 horas do xoves 7 de setembro de 2017. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional.

Para realizar a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

  • Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

(As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o período de matriculación da adxudicación)

Réxime para as persoas adultas

prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o luns 4 de setembro ata as 13:00 horas do xoves 7 de setembro de 2017. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

Para realizar a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

Para as persoas con praza adxudicada no réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade a distancia como na modalidade presencial, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP". (Atención: de non formalizar a matrícula de módulos reservados no prazo establecido, en todo caso antes das 13:00 horas do 12 de setembro, a reserva quedará anulada e os módulos poderán ser adxudicados ás persoas da listaxe de espera).

No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

 

Modalidade presencial

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

   

Modalidade distancia

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

Etiquetas: