Admisión 2017. Servizos en liña

Información de admisión

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario. Logo de realizada a aplicación informática xera un impreso de solicitude.

- No caso de solicitantes xa autenticados no contorno “edu.xunta.es” que non teñan que achegar documentación, o sistema xera un impreso xa validado, co texto de que non é necesario entregalo nun centro educativo para a súa validación. Deste xeito remataría a inscrición no réxime, modalidade e grao da solicitude. A copia impresa conservarase como resgardo da realización da solicitude.

- En calquera outro caso, o sistema xera un impreso de solicitude que terá que ser entregado para a súa validación en calquera centro educativo de Galicia con oferta de ciclos de formación profesional sostida con fondos públicos. Se este impreso non se entrega en prazo, a solicitude non terá carácter oficial e non se considerará realizada para os efectos da admisión.

A aplicación informática “Ciclosadmision” permite o acceso a usuarios externos autentificados nos sistemas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Deste xeito aquelas persoas participantes no proceso de admisión a ciclos formativos de Formación Profesional que facilitaron un enderezo de correo electrónico válido na súa solicitude poden ser usuarios externos da aplicación informática e acceder a determinados servizos en liña relacionados co proceso de admisión.

Estes servizos soamente estarán dispoñibles nos momentos que corresponda en función das fases do proceso de admisión. Antes de acceder á aplicación informática consulte a información.

  • Acceso á aplicación informática
Etiquetas: 
Tema: