Admisión a ciclos formativos: listaxe de persoas adxudicadas na 2ª adxudicación extraordinaria

Publicación das listaxes de persoas con praza adxudicada na convocatoria extraordinaria nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

Réxime ordinario

O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue dende o mércores 21 de setembro ata ás 13:00 horas do venres 23 de setembro de 2016. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. No caso de presentar renuncia hai que ter en conta que esta é a última adxudicación e que soamente se empregarán as listaxes de espera para cubrir as prazas que resulten vacantes por inasistencia ás actividades lectivas do alumnado matriculado.

Para realizar a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

- Listaxe de persoas admitidas nos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de persoas admitidas nos ciclos formativos de grao superior

  • Listaxes de espera

Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

Nota: As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o período de matriculación da adxudicación. Estas listaxes son dinámicas, actualízanse no momento no que se producen novas matrículas ou renuncias. A información do número de matrículas e de renuncias é o resultado do proceso de admisión dende o seu inicio, e non só da adxudicación en curso.

Réxime para as persoas adultas

O prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue dende o mércores 21 de setembro ata as 13:00 horas do venres 23 de setembro de 2016 . A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

Para realizar a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo

 - Modelo de documento en formato PDF

No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

Modalidade presencial

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

- Listaxe nos módulos de grao medio
- Listaxe nos módulos de grao superior

   Modalidade distancia

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

- Listaxe nos módulos de grao medio
- Listaxe nos módulos de grao superior

Etiquetas: