Admisión. Curso 2018/2019

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

  • Instrucións sobre como realizar a solicitude web (Pendente de publicación)
  • A solicitude web realizarase na seguinte ligazón: Solicitude web
  • (Activo soamente durante os períodos de solicitude)

 

Información e documentación

  • Instrucións xerais do proceso de admisión (Pendente de publicación)
  • Oferta 2018-2019 (Pendente de publicación)
  • Anexo I.  (Empregar só para admisión ao segundo curso do réxime ordinario ou para o caso de solicitude de matrícula en prazas liberadas.)
  • Anexo II. (Empregar só para a matrícula de FCT e/ou proxecto integrado polo réxime para as persoas adultas ou para o caso de solicitude de matrícula en módulos con prazas liberadas.

 

Listaxes do procedemento de admisión

  • Listaxe provisional de solicitantes
  • Listaxe definitiva de solicitantes
  • 1ª adxudicación ordinaria: listaxe de persoas admitidas
  • 2ª adxudicación ordinaria: listaxe de persoas admitidas
  • 1ª adxudicación extraordinaria: listaxe de persoas admitidas
  • Listaxe provisional de solicitantes na convocatoria extraordinaria
  • Listaxe definitiva de solicitantes na convocatoria extraordinaria
  • 2ª adxudicación extraordinaria: listaxe de persoas admitidas
  • Listaxes de ciclos e módulos con prazas vacantes (de matrícula liberada)
  • Información de ciclos e módulos con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera (para o período extraordinario de solicitudes de setembro)


Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa de admisión).

  

Etiquetas: 
Tema: