Proxectos experimentais de formación profesional dual. Convocatoria 2013

Publicada no DOG a ORDE do 26 de xullo de 2013 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Acceda a Orde do 26 de xullo de 2013

 

Requisitos das persoas solicitantes

a) Cumprir os requisitos de acceso ao réxime para as persoas adultas establecidos no artigo 43 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente.

b) Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cum­prir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.

c) Ter entre dezaseis e trinta anos, e carecer da cualificación profesional obtida e reco­ñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.

d) Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo correspondente.

 

Presentación de solicitudes

  • Datas: O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 2 de setembro ata as 13.00 horas do día 6 de setembro de 2013.
  • Lugar: As solicitudes de inscrición para participar nestes proxectos experimentais de forma­ción profesional dual poderán entregarse en calquera centro que teña oferta de formación profesional dual autorizada e irán dirixidas ao seu director ou á súa directora.

 

Impresos do proceso de admisión

A instancia de solicitude axustarase ao modelo do anexo V, para os ciclos formativos de grao medio, ou ao anexo VI, para os ciclos formativos de grao superior, da Orde do 5 de xuño de 2007 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas, e deberá incorporar a totalidade dos módulos ofrecidos para o curso académico correspondente o plan de formación que se estableza en cada proxecto. A documentación que cumprirá presentar será a establecida no artigo 13 da mesma orde, xunto cun currículo co formato Europass.

O modelo de solicitude estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e no portal educativo da formación profesional www.edu.xunta.es/fp.

Modelo de currículo Europass. Poderase cubrir e imprimir no enderezo:

 

Listaxes do procedemento de admisión

As persoas admitidas na FP Dual deberán acudir ao centro correspondente para matricularse os días 26 ou 27 de setembro, en horario de oficina. De non formalizar a matrícula nestas datas, esas prazas serán ocupadas polas persoas en espera.

As persoas admitidas no CIFP Manuel Antonio poderán realizar a matrícula os días 27 e 30 de setembro.

As persoas solicitantes que non figuran na listaxe de persoas admitidas ou na listaxe de persoas en espera están en situación de non seleccionadas.

Etiquetas: