Admisión FP dual. Convocatoria 2014. Benteler Automotive Vigo SL

Publicada no DOG do día 26 de agosto a Orde do 20 de agosto de 2014 pola que se amplían os proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades, autorizados pola Orde do 6 de xuño de 2014.

Nesta Orde autorízase un novo proxecto experimental de formación profesional no centro 36011634-IES Politécnico de Vigo, en colaboración coa empresa Benteler Automotive Vigo, S.L., para que ata 20 persoas poidan realizar o ciclo formativo de grao medio de Mantemento Electromecánico (MIMA03).

Acceda a Orde do 20 de agosto de 2014

 

Presentación de solicitudes

  • Datas: O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 de setembro ata as 13:00 horas do día 15 de setembro de 2014.

 

Impresos do proceso de admisión

Á solicitude de admisión deberáselle achegar a seguinte documentación:

  • Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.
  • Certificación académica relativa aos requisitos de acceso, no caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo:

 

Listaxes do procedemento de admisión

Etiquetas: