Nota informativa:
Admisión a ciclos formativos de Formación Profesional
Prazo extraordinario de presentación de solicitudes de admisión aos ciclos formativos: do 1 ao 12 de setembro de 2008
Admisión ciclos formativos: Ciclos liberados
No seguinte enlace pódense consultar os ciclos formativos de grao medio que posúen matrícula liberada. Calquera persoa que cumpra os requisitos de acceso a ciclos formativos de FP pódese matricular nos ciclos formativos que posúan matrícula liberada. Aberta a matrícula no mes de Agosto.
- Ciclos liberados de grao medio
Solicitude de admisión aos ciclos formativos de grao medio
No seguinte enlace pódese obter toda a información e documentación necesaria para o alumnado interesado en acceder ao primeiro curso dos ciclos formativos de grao medio no réxime ordinario.
- Documentación
Impresos de solicitude para o alumnado para a incrición en ciclos formativos, curso 2008-2009
- Impreso de solicitude para o 1º curso de grao medio (anexo I)
- Impreso de solicitude para o 2º curso de grao medio (anexo III)
- Impreso de solicitude de grao medio no réxime para as persoas adultas (anexoV)
- Solicitude de corrección do DNI
Admisión ciclos formativos: Consulta por DNI
No seguinte enlace pódese consultar a situación de cada solicitante de admisión aos ciclos formativos de FP.
- Consulta por DNI
Admisión ciclos formativos: 2ª relación ordinaria de admitidos
A listaxe de solicitantes admitidos a ciclos formativos de grao medio de FP pode consultarse no seguinte enlace e nos centros educativos:
- Relación de admitidos a ciclos grao medio
Admisión ciclos formativos: 1ª relación ordinaria de admitidos
A listaxe de solicitantes admitidos a ciclos formativos de grao medio de FP pode consultarse no seguinte enlace e nos centros educativos:
- Relación de admitidos a ciclos grao medio
Admisión ciclos formativos
Listaxes definitivas de persoas soliticitantes de admisión a ciclos formativos de FP. As listaxes poden consultarse no seguinte enlace e nos centros onde se realizou a inscrición:
- Listaxe definitiva de solicitantes de grao medio
Criterios de desempate cando varios solicitantes optan a un mesmo posto escolar dun ciclo formativo no curso 2008-2009. Artigo 9 da Orde de 5 de xuño de 2007
1. Áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza de formación.
2. Sorteo público. O nome da persoa elexida mediante sorteo para resolver os empates é Hermo Barreiro, Arancha.
Listaxe provisionais solicitantes. Período ordinario
Listaxes provisionais de persoas solicitantes de admisión a ciclos formativos de FP.
As listaxes poden consultarse nos seguintes enlaces e nos centros onde se realizou a inscrición:
- Listaxe provisional de solicitantes de ciclos de grao medio
Proceso de admisión para o curso 2008-2009
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou Orde do 5 de xuño de 2007 (DOG do 15 de xuño) que regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medios e superior en réxime ordinarios para as persoas adultas.
Tamén se publicou a Resolución do 3 de xuño de 2008 (DOG do 12 de xuño) pola que se determinan os prazos e se ditan instrucións no procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas e programas de cualificación profesional inicial para o curso académico 2008-2009.
No seguinte enlace pódese consultar o texto da orde e da resolución que regula o procedemento de admisión para o curso 2008-2009:
- Orde do 5 de xuño de 2007
- Resolución do 3 de xuño de 2008
Normativa sobre homologación e convalidación de títulos e estudos estranxeiros.
- Orde ECD/3305/2002, de 16 de diciembre