Entrega de premios da I Competición de Eficiencia Enerxética Scheneider Electric

Realizada, o venres 26 de outubro de 2012, a entrega de preimos da Primeira Competición de Eficiencia Energética, Schneider Electric.

Alumnado do IES As Mercedes do CS Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica, de Lugo, recibíu o galardón despois de realizar un estudo para identificar os posibles aforros de enerxía que se podían desenvolver nos seus centros escolares e planificar solucións técnicas tendo en conta os costes e os beneficios, tanto para o propio centro como para o medio ambiente.

Os alumnos do CS Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica realizaron unha completa auditoría enerxética na que se analizaron os consumos de auga, electricidade, calefacción e envolvente térmica. Tras o estudo, estableceron recomendacións para que o centro poida reducir os seus consumos enerxéticos cun gasto de implantación moi baixo, como o axuste da potencia contratada, o apagado automático da CPU dos computadores ou a colocación de programadores semanais nos aparellos eléctricos. Así mesmo, dentro do seu proxecto, realizaron unha gran campaña de concienciación, difundindo estes valores entre todos os seus compañeiros, animándolles a apostar pola eficiencia enerxética a través de charlas, carteis, logos e vídeos.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Entrega de premios da I Competición de Eficiencia Enerxética Scheneider Electric

Etiquetas: 
Multimedia: