II Feira da Enerxía de Galicia

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa estivo presente na II Feira da Enerxía de Galicia, celebrada os días 22, 23 e 24 de marzo no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.

A II Feira da Enerxía de Galicia contou coa presenza das máis destacadas firmas do sector e acolleu propostas de moi diversos ámbitos enerxéticos: enerxías renovables é convencionais, mobilidade, eficiencia enerxética, material e equipamento para instalacións, etc. A zona expositiva foi complementada cun interesante e completo programa de xornadas técnicas para a análise, a posta ao día e o intercambio de ideas.

No pavillón de Formación Profesional, ademais de ofrecerse información relativa á oferta educativa dos ciclos formativos, estivo presente unha representación de centros de Formación Profesional con proxectos de innovación relacionados coa temática da feira:

  • Módulo autónomo biomasa-stirling-fotovoltaico e aula Scheiner do CIFP As Mercedes.
  • Aeroxerador a escala do CIFP Valentín Paz Andrade.
  • Equipo portátil de medición de trasmitancia térmica e equipo Blower Door do IES Universidade Laboral de Culleredo.
  • Sistema de desprazamento autónomo para persoas con mobilidade reducida en centros comercias e Minicaravana alimentada con enerxía solar do CIFP Ferrolterra.

Completouse a participación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con catro relatorios técnicos impartidos por asesores da Subdirección Xeral de Formación Profesional e profesorado de centros galegos de Formación Profesional.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • II Feira da Enerxía de Galicia
  • II Feira da Enerxía de Galicia
  • II Feira da Enerxía de Galicia
  • II Feira da Enerxía de Galicia
  • II Feira da Enerxía de Galicia
  • II Feira da Enerxía de Galicia
  • II Feira da Enerxía de Galicia
  • II Feira da Enerxía de Galicia
  • II Feira da Enerxía de Galicia
  • II Feira da Enerxía de Galicia
  • II Feira da Enerxía de Galicia
  • II Feira da Enerxía de Galicia
Multimedia: