Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. Carpintaría

Do día 13 ao 16 de febreiro desenvolvéronse as Olimpíadas 2013 da Formación Profesional, nelas estudantes de formación profesional de todas as Comunidades Autónomas e de Ceuta e Melilla competiron por ser os mellores en cada un dos 33  skills ou especialidades nos que houbo competición.

A participación de Galicia nestas olimpíadas estivo formada polo alumnado que conseguiu a medalla de ouro nos campionatos galegos de formación profesional Galiciaskills 2012.

No skill Carpintaría competiron 10 alumnos de distintas Comunidades Autónomas.

Representou a Galicia o alumno do CIFP A Xunqueira de Pontevedra, Ramón Fraguas Iglesias, participando como titor o profesor dese centro José Cortizo Blanco e como  experto o profesor do CIFP Someso da Coruña, Benigno Rafael García Amor.

Este alumno obtivo mención de excelencia neste skill.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Ramón Fraguas Iglesias coa súa proposta.
  • Ramón Fraguas Iglesias durante a competición.

  • Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. Carpintaría
Etiquetas: 
Multimedia: