Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. Coidados de beleza

Do día 13 ao 16 de febreiro desenvolvéronse as Olimpíadas 2013 da Formación Profesional, nelas estudantes de formación profesional de todas as Comunidades Autónomas e de Ceuta e Melilla competiron por ser os mellores en cada un dos 33  skills ou especialidades nos que houbo competición.

A participación de Galicia nestas olimpíadas estivo formada polo alumnado que conseguiu a medalla de ouro nos campionatos galegos de formación profesional Galiciaskills 2012.

No skill Coidados de beleza competiron 12 alumnos de distintas Comunidades Autónomas.

Representou a Galicia a alumna do IES Teis de Vigo, Jesica Martínez Amoedo, participando como titora e experta as profesoras dese centro Isolina Ferreira Méndez e Lourdes Mourelle Mosqueira, respectivamente.

Esta alumna obtivo a medalla de bronce neste skill.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Jesica Martínez Amoedo durante a competición

Etiquetas: 
Multimedia: