Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. Deseño gráfico

Do día 13 ao 16 de febreiro desenvolvéronse as Olimpíadas 2013 da Formación Profesional, nelas estudantes de formación profesional de todas as Comunidades Autónomas e de Ceuta e Melilla competiron por ser os mellores en cada un dos 33  skills ou especialidades nos que houbo competición.

A participación de Galicia nestas olimpíadas estivo formada polo alumnado que conseguiu a medalla de ouro nos campionatos galegos de formación profesional Galiciaskills 2012.

No skill  Deseño gráfico competiron 4 alumnos de distintas Comunidades Autónomas.

Representou a Galicia o alumno do IES Leixa de Ferrol, Iván García Vázquez,  participando os profesores dese centro José Antonio López Suárez e María Salas Aguilera, como titor e experta respectivamente.

Este alumno obtivo a medalla de bronce neste skill.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Iván García Vázquez durante a competición

Etiquetas: 
Multimedia: