Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. Deseño web

Do día 13 ao 16 de febreiro desenvolvéronse as Olimpíadas 2013 da Formación Profesional, nelas estudantes de formación profesional de todas as Comunidades Autónomas e de Ceuta e Melilla competiron por ser os mellores en cada un dos 33 skills ou especialidades nos que houbo competición.

A participación de Galicia nestas olimpíadas estivo formada polo alumnado que conseguiu a medalla de ouro nos campionatos galegos de formación profesional Galiciaskills 2012.

No skill Deseño web competiron 12 alumnos de distintas Comunidades Autónomas.

Representou a Galicia o alumno do IES A Carballeira de Ourense, Josué Vázquez Rendo, participando como titor o profesor dese centro José Felipe Iglesias Cañedo e como experto o profesor do IES Muralla Romana de Lugo, Enrique Cabañas Olmo.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Josué Vázquez Rendo durante a competición
  • Josué Vázquez Rendo durante a competición
  • Josué Vázquez Rendo durante a competición
Etiquetas: 
Multimedia: