Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. Electrónica

Do día 13 ao 16 de febreiro desenvolvéronse as Olimpíadas 2013 da Formación Profesional, nelas estudantes de formación profesional de todas as Comunidades Autónomas e de Ceuta e Melilla competiron por ser os mellores en cada un dos 33 skills ou especialidades nos que houbo competición.

A participación de Galicia nestas olimpíadas estivo formada polo alumnado que conseguiu a medalla de ouro nos campionatos galegos de formación profesional Galiciaskills 2012.

No skill Electrónica competiron 6 alumnos de distintas Comunidades Autónomas.

Representou a Galicia o alumno do CIFP Politécnico Santiago, de Santiago de Compostela, Ismael Rosende Rey, participando os profesores dese centro, Ramón Mato Pardal e Francisco José Lado Vara, como titor e experto respectivamente.

Este alumno obtivo a medalla de ouro neste skill.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Ismael Rosende Rey durante a competición

Etiquetas: 
Multimedia: