Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. Peiteado

Do día 13 ao 16 de febreiro desenvolvéronse as Olimpíadas 2013 da Formación Profesional, nelas estudantes de formación profesional de todas as Comunidades Autónomas e de Ceuta e Melilla competiron por ser os mellores en cada un dos 33  skills ou especialidades nos que houbo competición.

A participación de Galicia nestas olimpíadas estivo formada polo alumnado que conseguiu a medalla de ouro nos campionatos galegos de formación profesional Galiciaskills 2012.

No skill  Peiteado competiron 11 alumnos de distintas Comunidades Autónomas.

Representou a Galicia a alumna do IES Teis de Vigo, Lucia Domínguez Alonso, participando como titora e experta as profesoras dese centro Mercedes Pose Recarey e  Ana Vieitez Castro, respectivamente.

Esta alumna obtivo mención de excelencia neste skill.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Lucia Domínguez Alonso nun momento da competición

Etiquetas: 
Multimedia: