Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. Pintura do automóbil
Do día 13 ao 16 de febreiro desenvolvéronse as Olimpíadas 2013 da Formación Profesional, nelas estudantes de formación profesional de todas as Comunidades Autónomas e de Ceuta e Melilla competiron por ser os mellores en cada un dos 33 skills ou especialidades nos que houbo competición.
A participación de Galicia nestas olimpíadas estivo formada polo alumnado que conseguiu a medalla de ouro nos campionatos galegos de formación profesional Galiciaskills 2012.
No skill Pintura do automóbil competiron 13 alumnos de distintas Comunidades Autónomas.
Representou a Galicia o alumno do IES As Mariñas de Betanzos, Adrián Suárez Parafita, participando como titor o profesor dese centro José Manuel Pico Rodríguez, e como experto o profesor do CIFP Ferrolterra de Ferrol, José Enrique Teijeiro Lombardía.