Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. Reparación de carrozarías

Do día 13 ao 16 de febreiro desenvolvéronse as Olimpíadas 2013 da Formación Profesional, nelas estudantes de formación profesional de todas as Comunidades Autónomas e de Ceuta e Melilla competiron por ser os mellores en cada un dos 33  skills ou especialidades nos que houbo competición.

A participación de Galicia nestas olimpíadas estivo formada polo alumnado que conseguiu a medalla de ouro nos campionatos galegos de formación profesional Galiciaskills 2012.

No skill Reparación de carrozarías competiron 10 alumnos de distintas Comunidades Autónomas.

Representou a Galicia o alumno do IES As Mariñas de Betanzos, Miguel Pérez Purriños, participando os profesores dese centro, Francisco Cal Ansede e Miguel Vilela González, como titor e experto respectivamente.

 

Este alumno obtivo a medalla de prata neste skill.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Miguel Pérez Purriños durante a competición
  • Miguel Pérez Purriños durante a competición
  • Miguel Pérez Purriños durante a competición
  • Miguel Pérez Purriños durante a competición
Etiquetas: 
Multimedia: