Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. Revestimento e paneis de xeso

Do día 13 ao 16 de febreiro desenvolvéronse as Olimpíadas 2013 da Formación Profesional, nelas estudantes de formación profesional de todas as Comunidades Autónomas e de Ceuta e Melilla competiron por ser os mellores en cada un dos 33  skills ou especialidades nos que houbo competición.

A participación de Galicia nestas olimpíadas estivo formada polo alumnado que conseguiu a medalla de ouro nos campionatos galegos de formación profesional Galiciaskills 2012.

No skill Revestimento e paneis de xeso competiron 4 alumnos de distintas Comunidades Autónomas.

Representou a Galicia o alumno do CIFP Porta da Auga de Ribadeo, David Rodríguez Reigosa, participando como titor e experto o profesor dese centro José Fernando Méndez de Andés Rodríguez.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • David Rodríguez Reigosa nun momento da competición
  • David Rodríguez Reigosa nun momento da competición
  • David Rodríguez Reigosa nun momento da competición
  • David Rodríguez Reigosa nun momento da competición
Etiquetas: 
Multimedia: