Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. Solado e azulexado

Do día 13 ao 16 de febreiro desenvolvéronse as Olimpíadas 2013 da Formación Profesional, nelas estudantes de formación profesional de todas as Comunidades Autónomas e de Ceuta e Melilla competiron por ser os mellores en cada un dos 33  skills ou especialidades nos que houbo competición.

A participación de Galicia nestas olimpíadas estivo formada polo alumnado que conseguiu a medalla de ouro nos campionatos galegos de formación profesional Galiciaskills 2012.

No skill  Solado e azulexado competiron 4 alumnos de distintas Comunidades Autónomas.

Representou a Galicia o alumno do CIFP Porta da Auga de Ribadeo, Daniel Nogueira Méndez, participando como titor e experto o profesor dese centro José Fernando Méndez de Andés Rodríguez.

 

Este alumno obtivo a medalla de prata neste skill.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Daniel Nogueira Méndez nun momento da competición
  • Daniel Nogueira Méndez nun momento da competición
  • Daniel Nogueira Méndez nun momento da competición
  • Daniel Nogueira Méndez nun momento da competición
  • A proposta de Daniel Nogueira Méndez
  • A proposta de Daniel Nogueira Méndez
  • A proposta de Daniel Nogueira Méndez
Etiquetas: 
Multimedia: