Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. Tecnoloxía do automóbil

Do día 13 ao 16 de febreiro desenvolvéronse as Olimpíadas 2013 da Formación Profesional, nelas estudantes de formación profesional de todas as Comunidades Autónomas e de Ceuta e Melilla competiron por ser os mellores en cada un dos 33  skills ou especialidades nos que houbo competición.

A participación de Galicia nestas olimpíadas estivo formada polo alumnado que conseguiu a medalla de ouro nos campionatos galegos de formación profesional Galiciaskills 2012.

No skill Tecnoloxía do automóbil competiron 13 alumnos de distintas Comunidades Autónomas.

Representou a Galicia o alumno do IES As Mariñas de Betanzos, Antonio López Lence, participando como titor o profesor dese centro Manuel Fuentes Rebón e como experto o profesor do IES Pedra da Auga de Ponteareas, Ramón Feijoo Revilla.

Este alumno obtivo a medalla de prata neste skill.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Antonio López Lence durante a competición

Etiquetas: 
Multimedia: