Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. Tecnoloxía da moda

Do día 13 ao 16 de febreiro desenvolvéronse as Olimpíadas 2013 da Formación Profesional, nelas estudantes de formación profesional de todas as Comunidades Autónomas e de Ceuta e Melilla competiron por ser os mellores en cada un dos 33  skills ou especialidades nos que houbo competición.

A participación de Galicia nestas olimpíadas estivo formada polo alumnado que conseguiu a medalla de ouro nos campionatos galegos de formación profesional Galiciaskills 2012.

No skill Tecnoloxía da moda competiron 4 alumnos de distintas Comunidades Autónomas.

Representaron a Galicia:

  • O alumno do CIFP Paseo das Pontes da Coruña, Felipe Amaya Iglesias, participando como titora a profesora dese centro, Mª José Ramallal Mosquera.
  • A alumna do CIFP Manuel Antonio de Vigo, Rocío Fernández Pérez, participando como titora a profesora dese centro, Consuelo Carneiro Varela.

A profesora do CIFP Paseo das Pontes da Coruña, Antonia Polo Grandío, participou como experta.

Esta alumna obtivo a medalla de bronce neste skill.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Rocío Fernández Pérez nun momento da competición
  • Felipe Amaya Iglesias nun momento da competición

Etiquetas: 
Multimedia: