Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. T.I. administración de sistemas en rede

Do día 13 ao 16 de febreiro desenvolvéronse as Olimpíadas 2013 da Formación Profesional, nelas estudantes de formación profesional de todas as Comunidades Autónomas e de Ceuta e Melilla competiron por ser os mellores en cada un dos 33  skills ou especialidades nos que houbo competición.

A participación de Galicia nestas olimpíadas estivo formada polo alumnado que conseguiu a medalla de ouro nos campionatos galegos de formación profesional Galiciaskills 2012.

No skill T.I. administración de sistemas en rede competiron 12 alumnos de distintas Comunidades Autónomas.

Representou a Galicia o alumno do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol, Alejandro Romero Rivera, participando como titor o profesor dese centro, Víctor Manuel Martínez Taboada, e como experto o profesor do IES San Clemente de Santiago de Compostela, Carlos Carrión Álvarez.

 

Este alumno obtivo mención de excelencia neste skill.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Alejandro Romero Rivera durante a competición
  • Alejandro Romero Rivera durante a competición
  • Alejandro Romero Rivera na presentación
  • Alejandro Romero Rivera na presentación
  • Alejandro Romero Rivera na presentación
  • Alejandro Romero Rivera
  • Alejandro Romero Rivera
  • Alejandro Romero Rivera xunto co resto de competidores
Etiquetas: 
Multimedia: