Presentación do proxecto Miniempresas Lugo 2017-18

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa presentou o 25 de xaneiro de 2018, no IES María Sarmiento de Viveiro, unha nova edición do proxecto Miniempresas Lugo. Na presentación participaron tamén a subdirectora xeral de Formación Profesional, a xefa territorial de Educación da provincia de Lugo, o delegado de El Progreso na Mariña, a directora de Planta Alúmina e a directora do IEs María Sarmiento. Os centros florais foron cedidos polo IES Plurilingüe San Rosendo.

Este proxecto pretende fomentar a educación emprendedora a través da creación de miniempresas e outras propostas didácticas que impliquen a colaboración dos equipos docentes, a dinamización da comunidade educativa e a conexión co entorno, todo isto potenciando as capacidades profesionais e persoais do alumnado.

Esta acción desenvólvese dentro do plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende e establécese dentro do ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Presentación do proxecto Miniempresas Lugo 2017-18
  • Presentación do proxecto Miniempresas Lugo 2017-18
  • Presentación do proxecto Miniempresas Lugo 2017-18
  • Presentación do proxecto Miniempresas Lugo 2017-18
  • Presentación do proxecto Miniempresas Lugo 2017-18
Etiquetas: 
Multimedia: