Trofeo Color Art 2012, patrocinado por L’Oreal no IES Johan Carballeira

O IES Perdouro, de Burela, gañador do primeiro premio do Trofeo Color Art 2012, patrocinado pola empresa L’Oreal.

O pasado día 15 celebrouse o Trofeo Color Art, patrocinado pola empresa L’Oreal, no IES Johan Carballeira, de Bueu, neste campionato participou alumnado do ciclo de grao medio de Peiteado de dez centros públicos de Galicia. Tamén se contou coa colaboración do alumnado e profesorado do resto dos ciclos da familia profesional de imaxe persoal, que axudaron a complementar a imaxe integral das modelos que desfilaron.

O alumnado premiado, así como o profesorado que se encargou da súa preparación, foi o seguinte:

1º premio:
IES Perdouro, de Burela.
Alumnado: Malvin Luísa Pineda Matos e Gelen Burgos Reyes.
Profesorado: Nuria Fernández Torre e Javier Rouco Martínez.

2º premio:
IES A Pinguela, de Monforte de Lemos.
Alumnado: Alfonso Osorio Patiño e Héctor Castro Sánchez.
Profesorado: Rosa Mar Díaz Vázquez e Monserrat Caneda Raviña.

3º premio:
IES Muralla Romana, de Lugo.
Alumnado: Yago Gómez e Araceli Aguiar.
Profesorado: María Luz Rodríguez e Mar Limeres.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Trofeo Color Art 2012, patrocinado por L’Oreal no IES Johan Carballeira
  • Trofeo Color Art 2012, patrocinado por L’Oreal no IES Johan Carballeira
  • Trofeo Color Art 2012, patrocinado por L’Oreal no IES Johan Carballeira
Etiquetas: 
Multimedia: