Xornada de experimentación con cociñas e fornos solares

Dentro do Curso de formación Aplicacións tradicionais e innovadoras da enerxía solar —organizado polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) en Santiago de Compostela— o día 24 de abril de 2013 realizouse no CIFP Someso a Xornada de experimentación con cociñas e fornos solares.

Entre fornos e cociñas, puxéronse a funcionar uns 40, realizando en torno a 25 pratos diferentes.

A Xornada tivo como relatores a:

  • Don Juan Bello Llorente, do CIFP Someso, de A Coruña.
  • Don Celestino Rodrigues Ruivo, do Instituto Superior de Engenharia, Universidade do Algarve Faro.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Cociñas e fornos solares no CIFP Someso
  • Polbo ao sol no CIFP Someso
Multimedia: