Apertura do curso de Formación Profesional 2016/2017

O pasado 4 de outubro, a Súa Maxestade a Raíña presidiu a apertura do curso de Formación Profesional 2016/2017 no ámbito estatal, que nesta edición se celebrou no IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo.

Dona Letizia estivo acompañada, entre outros, polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e a directora do IES Plurilingüe San Rosendo, María José Cuesta Fernández.

A Súa Maxestade a Raíña realizou un percorrido polas instalacións do IES Plurilingüe San Rosendo, visitando as aulas dos ciclos da familia profesional de Agraria que se imparten no propio centro, e a continuación visitou unha mostra de proxectos de innovación das distintas familias profesionais que se imparten en Galicia.

 Apertura curso FP 2016/2017

Etiquetas: