Aulas de Emprendemento

A actuación Aulas de emprendemento na formación profesional enmárcase no marco do fomento do emprendemento desenvolvido polo Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende, constituíndo unha estratexia para impulsar as habilidades persoais e profesionais encamiñadas a potenciar o emprendemento e o autoemprego.

Esta actuación establécese dentro da colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Ministerio de Educación y Formación Profesional para o desenvolvemento do Plan de Formación Profesional para el crecimiento económico y social y la empleabilidad enmarcado na segunda fase do Plan Estratégico de la Formación Profesional, na Agenda 2030 e nos Objetivos de Desarrollo Sostenible del Estado.

Neste contexto, ponse en marcha a iniciativa de crear espazos de emprendemento nos centros docentes públicos galegos que permitan establecer unha estratexia para impulsar as habilidades emprendedoras imprescindibles no novo marco socioeconómico cara ao que se encamiña a nosa economía.

O programa Aulas de emprendemento na formación profesional ten como obxectivo a creación de aulas de emprendemento nos centros educativos públicos que impartan ensinanzas de grao medio ou superior de formación profesional co obxectivo de canalizar as iniciativas emprendedoras do alumnado, en particular do alumnado que está próximo a finalizar os ciclos. Deste xeito, preténdese facilitar a súa inserción e desenvolvemento no mercado laboral, tamén como traballadores por conta propia.