Bolsas para mocidade do exterior FP. Listaxe provisional de solicitudes corrixida. Convocatoria 2019

Publícase a listaxe provisional corrixida de solicitudes admitidas e excluídas en substitución da publicada con data do 30 de xullo de 2019. (bolsas FP para a mocidade do exterior). Data de publicación: 02/08/2019

O novo prazo de emenda remata o día 9 de agosto de 2019.

As persoas excluídas disporán dun prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación na páxina web, para emendaren a falta ou achegaren os documentos preceptivos. Transcorrido este prazo sen que se emenden os erros ou se achegue a documentación preceptiva, considerarase que a persoa interesada desiste da súa petición, nos termos e nas condicións que se establecen no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A documentación deberase achegar a través da aplicación aloxada no enderezo web https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/

Etiquetas: