Carta Erasmus ECHE 2017

A Carta Erasmus ECHE é un documento previo á solicitude de proxectos, obrigatorio para as institucións que participen en calquera programa europeo de educación superior. Unha vez obtida, esta certificación ten validez para todo o período do programa Erasmus + (2014-2020).

A Unión Europea publicou o 3 de febreiro a convocatoria de solicitude de Carta Erasmus ECHE 2017.O prazo de solicitude remata o 31 de marzo de 2016 ás 12:00 horas e a data indicada pola Comisión para a publicación dos resultados dos procedementos de selección é o 1 de outubro de 2016.

Este documento é de gran interese para os centros de FP de grao superior que aínda non dispoñan del.

Toda a información e a guía de solicitude poden obterse no seguinte enderezo:

Programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente

Etiquetas: