Carta Erasmus ECHE 2019

A Carta Erasmus ECHE é un documento previo á solicitude de proxectos, obrigatorio para as institucións que participen en calquera programa europeo de educación superior. Unha vez obtida, esta certificación ten validez para todo o período do programa Erasmus + (2014-2020).

A Unión Europea publicou o 1 de febreiro a convocatoria de solicitude de Carta Erasmus ECHE 2019. O prazo de solicitude remata o 22 de marzo de 2018 ás 12:00 horas e a data indicada pola Comisión para a publicación dos resultados dos procedementos de selección é o 30 de setembro de 2018.

Este documento é de gran interese para os centros de FP de grao superior que aínda non dispoñan del.

Toda a información e a guía de solicitude poden obterse no seguinte enderezo:

Programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente