Carta Erasmus de Educación Superior 2021-2027

A Carta Erasmus de Educación Superior (ECHE) constitúe un marco xeral de calidade das actividades de colaboración europea e internacional que todo centro de educación superior poderá levar a cabo no marco do Programa Erasmus+.

Os centros de educación superior situados nun dos países do programa deberán contar cunha Carta Erasmus de Educación Superior para solicitar e poder participar na mobilidade de persoas vinculadas á aprendizaxe e/ou na cooperación entre organizacións e institucións no marco do programa Erasmus+.

Os centros de educación superior sitos noutros países non necesitan a Carta Erasmus e o marco de calidade establécese mediante acordos interinstitucionais entre os centros de educación superior.

A Carta concédese por toda a duración do Programa Erasmus+. A execución da Carta será obxecto de seguimento e a vulneración de calesquera dos seus principios e compromisos poderá dar lugar á súa retirada por parte da Comisión Europea.

Toda a información e a guía de solicitude poden obterse no seguinte enderezo:

Programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente