Convocatoria 2014 da Carta Erasmus ECHE 2014-2020

O formulario de solicitude, debidamente cuberto, debe presentarse en liña antes das 12.00 horas (mediodía, hora de Bruxelas) do 22 de maio de 2014.

A data estimada de publicación dos resultados dos procedementos de selección é o 31 de outubro de 2014.

Pode consultar os pasos para solicitar a Carta Erasmus ECHE 2014-2020 na seguinte ligazón:
http://www.oapee.es/dctm/weboapee/erasmus/convocatoria-eche-2015-revisada.pdf?documentId=0901e72b8192d76d

Máis información

Sobre o Programa Erasmus + na seguinte ligazón: http://eacea.ec.europa.eu/erasmus-plus_en

As candidaturas deberán presentarse conforme ás orientacións proporcionadas pola Axencia Executiva no Ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural, que poden obterse na seguinte ligazón:

https://eacea.ec.europa.eu/erasmus-plus/funding/erasmus-charter-for-higher-education-2014-2020_en

Unha vez obtida a Carta Erasmus ECHE 2014-2020 deberán rexistrarse no Sistema de Rexistro Único (Unique Registration Facility -URF) http://www.edu.xunta.es/fp/concesion-carta-erasmus-educacion-superior-eche-2014-2020, a través do que se obterá un Código de Identificación do Participante (Participant Identification Code-PIC), necesario para participar en Erasmus +.  Poderá acceder a este sistema a través da seguinte ligazón: http://ec.europa.eu/education/participants/portal/desktop/en/home.html 

Para acceder ao mesmo, o usuario deberá autenticarse coa súa conta ECAS.

Programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente

Etiquetas: