Carta Erasmus 2013

É o documento que establece o marco xeral no que se inscriben todas as actividades de cooperación europea que pode desenvolver un centro de ensinanza superior. Está destinada a centros que queren recibir financiamento para promover a mobilidade transnacional de estudantes e/ou de persoal docente ou non docente e para organizar proxectos multilaterais, redes, medidas de acompañamento ou visitas preparatorias.

Ata o curso académico 2013-2014, dependendo da mobilidade ou do proxecto que se realizara, establecíanse tres tipos de cartas Erasmus:

  • Estándar-EUC
  • Prácticas-EUCP
  • Ampliada-EUCX

A partir da convocatoria do novo Programa para o período 2014-2020 (curso académico 2014-2015) hai un único tipo de Carta Erasmus de Educación Superior (ECHE), independentemente das actividades que se pretendan desenvolver no novo Programa.

O OAPEE publicou a convocatoria de propostas da nova Carta Erasmus de Educación Superior (ECHE) para o período 2014-2020 no Diario Oficial da Unión Europea do 23 de marzo de 2013.

 

Listaxe de centros educativos de Galicia con ensinanzas de formación profesional que dispoñen de carta Erasmus

- Ver documento

Guía para a solicitude de axudas para prácticas Erasmus

- Ver documento

 

Programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente

Etiquetas: