M02001

 

M02001 - Condución de actividades físico-deportivas no medio natural

Ciclo formativo
Familia: Actividades físicas e deportivas
Sistema educativo: LOXSE
Grao: medio
Horas: 1400
Código: M02001
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Conducir clientes en condicións de seguridade por sendeiros ou zonas de montaña (onde non se precisen técnicas de escalada e alpinismo) a pé, en bicicleta ou a cabalo, conseguindo a satisfacción dos usuarios e un nivel de calidade nos límites de custo previstos.

 

En que ámbitos se traballa?
Condución e animación de grupos/clientes. Organización e realización de actividades de sendeirismo, excursionismo, itinerarios en bicicleta e rutas ecuestres.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Acompañador de montaña, guía de turismo ecuestre, guía de itinerarios en bicicleta, coordinador de actividades de condución/guía en empresas turísticas ou entidades públicas ou privadas de actividades na natureza, promotor de actividades de condución/guía en clubs ou asociacións.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
CM0029 Actividades físicas para persoas con discapacidades 55 2
CMAXCE Administración, xestión e comercialización na pequena empresa 80 3
CM0030 Condución de grupos a cabalo e coidados equinos básicos 215 8
CM0031 Condución de grupos en bicicleta 130 5
CM0032 Desprazamento, estadía e seguridade no medio terrestre 215 8
CM0033 Dinámica de grupos 55 2
CM0FOL Formación e orientación laboral 55 2
CM0035 Fundamentos biolóxicos, saúde e primeiros auxilios 80 3
CMHC75 Horas á disposición do centro 75 3
CM0034 Formación en centros de traballo 440




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).