BIMA01

 

BIMA01 - Mantemento de vivendas

Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOE
Grao: profesional básico
Horas: 2000
Código: BIMA01
Documentación: RD
DOG

Que se aprende a facer?
Realizar operacións básicas de montaxe e mantemento de elementos de fontanaría, calefacción e climatización, pequenas reparacións e substitución de elementos sinxelos en instalacións electrotécnicas, en revestimentos continuos, en azulexado e en pintura, así como a montaxe e a colocación de moblaxe prefabricada e complementos mobiliarios da vivenda, coa calidade indicada, aplicando as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nal-gunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación e á montaxe de produtos mecánicos e electromecánicos, así como á montaxe e ao mantemento de instalacións de fontanaría, calefacción e climatización.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Axudante/a de pintor/ora; de mantemento de instalacións electrotécnicas; de fontaneiro/a; axudante/a montador/ora de equipamentos de calefacción; de climatización; instalador/ora de redes de subministración e distribución de auga; montador/ora de mobles prefabricados de madeira ou similares.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP3009 Ciencias aplicadas I 175 6
MP3011 Comunicación e sociedade I 206 7
MP3024 Fontanaría e calefacción básica 157 5
MP3025 Montaxe de equipamentos de climatización 97 4
MP3090 Operacións de conservación na vivenda e montaxe de accesorios 275 9
MP3012 Comunicación e sociedade II 135 6
MP3019 Ciencias aplicadas II 162 7
MP3023 Redes de evacuación 157 7
MP3088 Mantemento básico de instalacións electrotécnicas en viviendas 254 11
MP3096 Formación en centros de traballo 320

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2018-2019.

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Marín 36015159 IES Chan do Monte 886151275




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).