BTCP01

 

BTCP01 - Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel

Familia: Téxtil, confección e pel
Sistema educativo: LOE
Grao: profesional básico
Horas: 2000
Código: BTCP01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar operacións de arranxo, adaptación e mantemento de pezas de vestir, roupa de fogar e complementos de decoración e de pel, ademais da reparación de calzado e marroquinaría, así como a realización de actividades complementarias de gornicionaría e, de ser o caso, de duplicación de chaves, en comercios de proximidade ou en instalacións industriais, conseguindo produtos en condicións estética e acabados, operando coa calidade indicada requirida, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
Actividades de xeito autónomo ou por conta allea en pequenas empresas ou talleres artesáns dedicados á reparación de calzado e marroquinaría, así como en talleres de confección e arranxo de pezas de vestir, roupa de fogar, complementos de decoración téxtiles e de pel, ou en pequenas empresas que realicen arranxos neste tipo de artigos tanto a comercios de moda como a clientela final.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Zapateiro/a reparador/ora de calzado; axudante de reparación de calzado; reparador/ora de artigos de marroquinaría; axudante de marroquinaría; gornecioneiro/a; marroquineiro/a artesanal; costureiro/a á man ou con máquina doméstica; costureiro zurcidor/ora; modista de arranxos e composturas; operario/a de confección; operario/a de modistaría.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP3009 Ciencias aplicadas I 175 6
MP3011 Comunicación e sociedade I 206 7
MP3091 Reparación de artigos de marroquinaría e elaboración de pequenos artigos de gornicionaría 175 6
MP3092 Reparación de calzado e actividades complementarias 150 5
MP3101 Confección de artigos téxtiles para decoración 204 7
MP3005 Atención á clientela 58 3
MP3010 Ciencias aplicadas II 162 7
MP3012 Comunicación e sociedade II 135 6
MP3077 Materiais e produtos téxtiles 88 4
MP3095 Arranxos e adaptacións en pezas de vestir e roupa de fogar 265 11
MP3097 Formación en centros de traballo 320

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2018-2019.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
A Coruña 15027897 CIFP Paseo das Pontes 881961030

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36010794 CPR Fillas de María Inmaculada 986423988




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).