BTCP02

 

BTCP02 - Tapizaría e cortinaxe

Familia: Téxtil, confección e pel
Sistema educativo: LOE
Grao: profesional básico
Horas: 2000
Código: BTCP02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Tapizar mobles, entear superficies e confeccionar cortinas, coxíns, fundas e outros elementos de decoración, cortando, marcando e ensamblando os materiais, aproveitándoos ao máximo e conseguindo produtos coa estética e o acabamento requiridos, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
En pequenas e medianas empresas ou talleres, xeralmente por conta allea, que se dedican a tapizar mobles, entear superficies, confeccionar toldos e fabricar e instalar produtos aplicados ao téxtil do fogar.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Tapiceiro/a de mobles; tapiceiro/a artesanal; tapiceiro/a de decoración auxiliar; tapiceiro/a de vehículos; enteador/ora; reparador/ora de toldos; operador/ora de máquinas industriais de coser e bordar; montador/ora de cortinaxes e de estores.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP3009 Ciencias aplicadas I 175 6
MP3011 Comunicación e sociedade I 206 7
MP3077 Materiais e produtos téxtiles 88 3
MP3100 Confección e montaxe de cortinas e estores 237 8
MP3101 Confección de artigos téxtiles para decoración 204 7
MP3005 Atención á clientela 58 3
MP3010 Ciencias aplicadas II 162 7
MP3012 Comunicación e sociedade II 135 6
MP3078 Tapizado de mobles 173 7
MP3099 Tapizado de murais e enteamento de superficies 180 8
MP3103 Formación en centros de traballo 320

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2018-2019.

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36013448 CIFP Manuel Antonio 886120750




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).