BTMV02

 

BTMV02 - Mantemento de embarcacións deportivas e de recreo

Familia: Transporte e mantemento de vehículos
Sistema educativo: LOE
Grao: profesional básico
Horas: 2000
Código: BTMV02
Documentación: RD
DOG

Que se aprende a facer?
Realizar operacións auxiliares de mantemento electromecánico en sistemas e equipamentos, de reparacións en elementos estruturais e aparellos, de protección e embelecemento de superficies, en embarcacións tanto deportivas como de recreo, seguindo as instrucións recibidas, adoptando as medidas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector do mantemento de embarcacións deportivas e de recreo, nomeadamente en talleres de reparación e de mantemento naval e construción de embarcacións de recreo e deporte.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar de carpinteiro/a de ribeira, de pintor/ora de embarcacións, de mantemento de elementos de plástico reforzado con fibra, de mantemento de sistemas mecánicos de embarcacións, de mantemento de sistemas eléctricos e electrónicos de embarcacións e de mantemento de aparellos de embarcacións.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP3009 Ciencias aplicadas I 175 6
MP3011 Comunicación e sociedade I 206 7
MP3028 Reparación estrutural básica de embarcacións deportivas 204 7
MP3040 Protección e embelecemento de superficies de embarcacións 150 5
MP3043 Mecanizado e soldadura 175 6
MP3012 Comunicación e sociedade II 135 6
MP3019 Ciencias aplicadas II 162 7
MP3048 Mantemento básico da planta propulsora e equipamentos asociados 163 7
MP3066 Mantemento básico de sistemas eléctricos e informáticos 135 6
MP3068 Mantemento básico de aparellos de embarcacións deportivas 113 5
MP3071 Formación en centros de traballo 320

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2018-2019.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ribeira 15014556 CIFP Coroso 881866874




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).