BVIC01

 

BVIC01 - Vidraría e olaría

Familia: Vidro e cerámica
Sistema educativo: LOE
Grao: profesional básico
Horas: 2000
Código: BVIC01
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Realizar traballos auxiliares de fabricación de produtos cerámicos e de vidro de xeito artesanal e/ou semiautomático a partir de deseños establecidos, intervindo nas operacións de reprodución de moldes, modelaxe, moldeamento, coada, esmaltado, mecanizado, decoración, cocción e acabamento, seguindo instrucións técnicas, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

 

En que ámbitos se traballa?
En talleres artesanais ou en pequenas e medianas empresas de fabricación de produtos cerámicos, de fabricación, transformación e/ou decoración de produtos de vidro, así como en empresas de montaxe de acristalamentos. Desenvolven xeralmente a súa actividade por conta allea no marco das funcións e os obxectivos asignados por persoal técnico de nivel superior ou baixo a directriz dunha persoa artesán/á ou artista. Ocasionalmente, poden tamén exercer a súa actividade por conta propia no campo da artesanía relacionada coa fabricación de obxectos para o fogar, decorativos ou ornamentais.

 

Que ocupacións desempeñan?
Moldeador/ora de cerámica (coador/ora, montador/ora ou pegador/ora); operario/a de prensaxe plástica; operario/a de torno de calibraxe; operario/a de olaría; pintor/ora en liña de decoración manual de produtos cerámicos; operario/a de moldes para cerámica artesanal; operario/a de reprodución por moldeamento de pezas cerámicas artesanais; operador/ora de produtos de vidro; tallador de vidro; moldeador/ora de vidro plano ornamental (termoformación); operador/ora de fusing; cristaleiro/a; cristaleiro/a de vidreiras; soprador/ora; modelador/ora; laminador/ora; cortador/ora; pulidor/ora de vidro; gravador/ora de vidro; pintor/ora decorador/ora en vidro; elaborador/ora de envases de vidro para a industria; transformador/ora de vidro oco manual e semiautomático.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Acabamento de produtos cerámicos 116
Atención á clientela 58
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Conformación de pezas cerámicas 239
Reprodución de moldes 116
Ciencias aplicadas II 162
Comunicación e sociedade II 135
Formación en centros de traballo 320
Mecanizados manuais e aplicacións superficiais 135
Mecanizados manuais e semiautomáticos con vidro fundido e tubos de vidro 133
Termoformación, fusing e vidreiras 143

Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

 

Que título se obtén?
Título profesional básico en Vidraría e olaría.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de:

  • Administración e xestión
  • Artes gráficas
  • Comercio e márketing
  • Téxtil, confección e pel
  • Vidro e cerámica




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).