M19001

 

M19001 - Coidados auxiliares de enfermaría

Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOXSE
Grao: medio
Horas: 1400
Código: M19001
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Proporcionar coidados auxiliares ao paciente ou cliente e actuar sobre as condicións sanitarias do seu contorno como membro dun equipo de enfermaría nos centros sanitarios de atención especializada e de atención primaria, baixo a dependencia do diplomado de enfermaría e, de ser o caso, como membro dun equipo de saúde na asistencia sanitaria derivada da práctica do exercicio liberal, baixo a supervisión correspondente.

 

En que ámbitos se traballa?
Organización e xestión da unidade ou consulta, prestación do servizo e educación sanitaria.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Auxiliar de enfermaría ou clínica, de balnearios, de atención primaria e coidados de enfermería a domicilio; auxiliar bucodental, xeriátrico, pediátrico, de esterilización, de unidades especiais e de saúde mental.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
CM0304 Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material 160 6
CM0305 Operacións administrativas e documentación sanitaria 55 2
CM0308 Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente 130 5
CM0310 Técnicas básicas de enfermaría 320 12
CM0311 Técnicas de axuda odontolóxica e estomatolóxica 130 5
CM0FOL Formación e orientación laboral 55 2
CM0RET Relacións no equipo de traballo 55 2
CMHC55 Horas á disposición do centro 55 2
CM0302 Formación en centros de traballo 440




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).