MAGA04

 

MAGA04 - Aproveitamento e conservación do medio natural

Familia: Agraria
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio
Horas: 2000
Código: MAGA04

 

Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en realizar as operacións de repoboación forestal, de restauración ou ordenación hidrolóxico-forestal e de aproveitamento forestal, así como o control e a vixilancia do medio natural, manexando e mantendo a maquinaria e as instalacións forestais, consonte a normativa ambiental e de prevención de riscos laborais

 

En que ámbito se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, tanto públicas como privadas, dedicadas aos traballos de repoboación forestal, de restauración e ordenación hidrolóxica forestal, e de aproveitamento forestal, así como de control e vixilancia do medio natural.
Trátase de traballadores e traballadoras que poden exercer a súa actividade por conta allea ou por conta propia, que se integran en equipos de traballo con outras persoas do mesmo ou de inferior nivel de cualificación, dependendo organicamente de mandos intermedios. En certos casos de empresas pequenas, poden ter baixo a súa responsabilidade persoal operario, pero coa supervisión de responsables de produción.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Traballador cualificado por conta propia e por conta allea en actividades forestais e similares, en hortas, viveiros e xardíns, en propagación e cultivo de plantas en viveiro; maquinista de procesadora forestal; traballador especializado en inventario, seguimento e adecuación do hábitat natural e de especies acuícolas continentais e cinexéticas, en repoboacións de especies cinexéticas, piscícolas e astacícolas; especialista en colleita de sementes e froitos en altura, en produción de sementes, en aproveitamentos de madeiras, cortiza e leñas, en traballos de altura nas árbores, de empresas de repoboación, que realicen tratamentos silvícolas, que realicen traballos de construción e mantemento de camiños e que realicen traballos de corrección hidrolóxico-forestal; motoserrista, abatedor e cortador de toradas; aplicador de produtos fitosanitarios; enxertador; auxiliar en traballos de control legal de depredadores ou especies invasoras; guía de actividades de turismo cinexético-piscícola; corcheiro; traballador en viveiros en xeral.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos profesionais Horas
Formación e orientación laboral 107
Fundamentos agronómicos 159
Maquinaria e instalacións forestais 214
Principios de sanidade vexetal 107
Produción de planta forestal en viveiro 159
Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas 214
Aproveitamento do medio natural 193
Conservación das especies cinexéticas e piscícolas 123
Control fitosanitario 87
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación en centros de traballo 410
Prevención de incendios forestais 87
Uso público en espazos naturais 87

 

Que título se obtén?
Técnico en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.

Relación de centros que ofertan o ciclo no réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario.
Curso 2017-2018.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Arzúa 15027733 IES de Arzúa 981500527
Boqueixón 15013254 CFEA de Sergude 981511815

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Becerreá 27000617 CFEA Alta Montaña 982161203

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Xinzo de Limia 32014801 IES Cidade de Antioquía 988460519

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Pontevedra 36020192 CFEA de Lourizán 986805088
Tomiño 36019751 IES Antón Alonso Ríos 986623346

Relación de centros que ofertan o ciclo no réxime de persoas adultas na modalidade presencial

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial.
Curso 2017-2018.

Relación de centros que ofertan o ciclo en réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia.
Curso 2017-2018.

Relación de centros que ofertan o ciclo na modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual.
Curso 2017-2018.

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Mondoñedo 27006966 IES Plurilingüe San Rosendo 982870539




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).