MARG01

 

MARG01 - Impresión gráfica

Familia: Artes gráficas
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MARG01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar as actividades de axustes mecánicos, entoación e rexistro da imaxe, para a produción de impresos por sistemas convencionais (offset, flexografía e serigrafía) ou por medios dixitais, controlando e mantendo as máquinas e os equipamentos auxiliares, para obter a produción coa calidade e nos tempos establecidos, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas de artes gráficas en xeral que teñan sección de impresión offset, flexografía, serigrafía ou dixital, así como en empresas dedicadas á impresión de libro, á edición de publicacións periódicas, á fabricación de envases e embalaxes de papel, plásticos, complexos e cartón ondulado, ás transformacións do papel e cartón, á impresión de publicidade e á estampaxe téxtil, cerámica e noutros produtos.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Operador/ora de máquinas de offset en xeral; maquinista de impresión offset; técnico/a de impresión offset; montador/ora de pranchas de flexografía; operador/ora de máquina flexográfica; condutor/ora de máquina de impresión flexográfica; operador/ora de máquina de rotogravado; impresor/ora dixital; técnico/a en impresión dixital; técnico/a de impresión serigráfica; impresor/ora de serigrafía.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0877 Preparación e regulación de máquinas offset 240 9
MP0879 Impresión en flexografía 213 8
MP0882 Preparación de materiales para a impresión 293 11
MP0883 Impresión en baixorrelevo 107 4
MP0884 Formación e orientación laboral 107 4
MP0869 Impresión dixital 157 9
MP0878 Desenvolvemento da tiraxe offset 193 11
MP0880 Impresión en serigrafía 227 13
MP0885 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0886 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).