MCOM01

 

MCOM01 - Actividades comerciais

Familia: Comercio e márketing
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MCOM01
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Desenvolver actividades de distribución e comercialización de bens e/ou servizos, e en xestionar un pequeno establecemento comercial, aplicando as normas de cali-dade e seguridade establecidas e respectando a lexislación.

 

En que ámbitos se traballa?
En calquera sector produtivo dentro da área de comercialización ou nas seccións de establecementos comerciais, realizando actividades de venda de produtos e/ou servizos a través de diversas canles de comercialización, ou ben realizando funcións de organización e xestión do seu propio comercio.Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionan un pequeno comercio ou unha tenda tradicional, ou por conta allea que exercen a súa actividade nos departamentos ou nas seccións de comercialización de calquera empresa ou organización, en diversos subsectores: en establecementos comerciais pequenos, medianos ou grandes, traballando por conta allea en diferentes seccións comerciais; na comercialización de produtos e servizos por conta propia e allea, fóra do establecemento comercial; no departamento comercial de pequenas e medianas empresas (PME) e empresas industriais; no departamento de atención á clientela e ás persoas consumidoras e usua-rias de organismos públicos; en empresas industriais e comerciais grandes e medianas; no sector do comercio polo miúdo.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Vendedor/ora; vendedor/ora técnico/a; representante comercial; orientador/ora comercial; promotor/ora; televendedor/ora; vendedor/ora a distancia; teleoperador/ora (en "call centers"); axente de información e atención á clientela; caixeiro/a ou repoñedor/ora; operador/ora de "contact centers"; administrador/ora de contidos en liña; comerciante de tenda; xerente de pequeno comercio; técnico/a en xestión de existencias e almacén; xefe/a de almacén; responsable de recepción de mercadorías; responsable de expedición de mercadorías; técnico/a en loxística de almacéns; técnico/a de información e atención á clientela en empresas.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0156 Inglés 160 6
MP1226 Márketing na actividade comercial 160 6
MP1229 Xestión de compras 80 3
MP1231 Dinamización do punto de venda 160 6
MP1232 Procesos de venda 160 6
MP1233 Aplicacións informáticas para o comercio 133 5
MP1236 Formación e orientación laboral 107 4
MP1227 Xestión dun pequeno comercio 174 10
MP1228 Técnicas de almacén 123 7
MP1230 Venda técnica 123 7
MP1234 Servizos de atención comercial 87 5
MP1235 Comercio electrónico 123 7
MP1237 Formación en centros de traballo 410




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).